Skip to main content

Sobre auto-hospedaxe

A auto-hospedaxe ten por obxecto posuír e administrar o teu propio servidor, habitualmente na túa casa, para hospedar datos persoais e servizos e non depender en exclusiva de terceiras partes. Por exemplo, podes hospedar o teu blog, de xeito que 'viva' na máquina que ti controlas, e non telo na computadora doutra persoa (na Nube ou GAFAM) a cambio de cartos, publicidade ou os teus datos privados.

A auto-hospedaxe implica posuír un servidor. Un servidor é unha computadora que é accesible de xeito contínuo, e normalmente non ten pantalla ou teclado (contrólase de xeito remoto). En contra da crenza popular, un servidor non é necesariamente unha máquina enorme e que require moita enerxía: hoxe en día, unha pequena placa ARM duns ~30€ abonda para auto-hospedarte.

diagrama da topoloxía de internet

A auto-hospedaxe non trata sobre facer «o teu internet» máis seguro e en si mesmo non proporciona anonimato. Pola contra, trata sobre ser unha persoa autónoma en control dos seus datos e servizos ― o que tamén implica responsabilidade sobre eles.