Skip to main content

Nunha placa ARM

Requerimentos

  • Unha placa ARM con un mínimo de 512MB de RAM
  • Alimentación eléctrica (cun adaptador ou cable USB) para a placa;
  • Tarxeta SD: 16GB de capacidade (mínimo), é moi recomendable que sexa class "A1" (como esta tarxeta SanDisk A1);
  • Empresa provedora de internet razoable, mellor se ten un ancho de banda de subida bo e sen límites
  • Un cable Ethernet (RJ-45) para conectar o servidor co encamiñador.
  • Unha computadora para ler esta guía, gravar a imaxe e acceder ao servidor.
warning

Cada placa ARM é diferente e podería haber instrucións específicas para a túa.

Primeiro le a documentación de Armbian.

Descarga a imaxe Armbian

Deberías descargar a imaxe de Armbian Bookworm (Debian 12) desde a web da marca da túa Armbian.

Grava a imaxe Armbian

Unha vez descargada a imaxe Armbian, deberías gravala nunha tarxeta microSD

Descarga Etcher para o teu sistema operativo e instálaa.

Conecta a tarxeta SD, selecciona a imaxe e preme en "Gravar"

Etcher

Acende a placa

  • Insire a tarxeta SD na placa
  • Conecta a placa por Ethernet ao encamiñador da casa
  • Se queres ver o inicio do sistema, conecta unha pantalla e teclado á túa placa.
  • Acende a placa

Conectarse á placa

A continuación tes que atopar o enderezo IP do teu servidor para acceder como usuaria root a través de SSH co contrasinal temporal 1234(le a documentación Armbian).

ssh root@192.168.x.xxx

Executa o script de instalación

  • Abre a liña de ordes no teu servidor (ben directamente ou usando SSH)
  • Comproba que accedeches como root (ou escribe sudo -i para selo)
  • Excuta a seguinte orde:
curl https://install.yunohost.org | bash
danger

Comproba sempre que hai un s ao final de https.

warning

Pode que primeiro debas instalar curl e ca-certificates executando:

apt install curl ca-certificates
note

Para as usuarias experimentadas polo mecanismo curl | bash: considerade ler "Is curl|bash insecure?" no blog de Sandstom, e tamén esta conversa en Hacker News.

Comezar coa configuración inicial

info

Se estás restablecendo un servidor usando unha copia de apoio YunoHost, debes omitir este paso e restablecer a copia no lugar do paso da post-instalación.

info

Esta documentación asume que estás na mesma rede local que o servidor YunoHost.

Para un VPS, utiliza o enderezo IP público en lugar do dominio ou enderezo locais.

Nunha computadora, abre o navegador e intenta acadar a interface web:

  • se estás instalando nun VPS, probablemente usaches o instalador curl | bash e debería informarte sobre o enderezo, normalmente https://xx.xx.xx.xx (co enderezo IPv4 público do teu servidor)
  • se estás instalando na casa, e supoñendo que estás na mesma rede local que o servidor
    • podes intentar abrir https://yunohost.local (que igual non é accesible dependendo de se a túa computadora e rede son compatibles co protocolo Bonjour)
    • se coñeces o enderezo IP local da máquina, vai a https://xx.xx.xx.xx (co enderezo IP local, que normalmente comeza por 192.168.)
    • tamén podes intentar o seu enderezo IP local antes de continuar
warning

Na primeira visita probablemente recibas un aviso de seguridade informando sobre o certificado que utiliza o servidor. Polo de agora o teu servidor utiliza un certificado auto-asinado. Máis adiante poderás engadir un certificado que recoñezan automaticamente os navegadores, tal como se describe na documentación sobre certificados. Polo momento, tes que engadir unha excepción de seguridade para aceptar o certificado actual. (POR FAVOR, non fagas isto de xeito habitual, non aceptes sen pensar este tipo de advertencias!)

E entón deberías ver esta páxina:

vista da páxina web inicial de configuración
vista da páxina web inicial de configuración

Dominio principal

Configuración WSL específica

Vas ter que escoller un dominio falso, que non será accesible desde o exterior. Por exemplo, ynh.wsl. A parte complicada é comunicarlle este dominio ao teu ordenador.

Edita o teu ficheiro C:\Windows\System32\drivers\etc\hosts. Deberías ver unha liña que comeza por ::1, actualízaa ou engádea se fose preciso para ter:

::1    ynh.wsl localhost

Se queres crear subdominios, non esquezas engadilos tamén no ficheiro hosts:

::1    ynh.wsl subdomain.ynh.wsl localhost

Este vai ser o dominio que usen as túas usuarias para acceder ao servidor no portal de autenticación. Posteriormente poderás engadir outros dominios, e cambiar o dominio que queres usar como dominio principal.

  • Se non tes experiencia coa auto-hospedaxe e aínda non posúes un nome de dominio, recomendamos utilizar un de .nohost.me* / .noho.st / .ynh.fr (ex. miropereira.nohost.me). Dando por feito que non estea xa en uso por outra persoa, o domino configurarase de xeito automático e non precisarás facer ningún outro paso. Ten en conta que non terás control completo sobre a configuración DNS.
  • Se xa posúes un nome de dominio, probablemente queiras utilizalo aquí. Máis tarde poderás configurar os rexistros DNS tal como se explica aquí.
tip

Si, tes que configurar un nome de dominio. Se non posúes ningún nome de dominio e tampouco queres un de .nohost.me / .noho.st / .ynh.fr , podes poñer un dominio de pega como yolo.test e modificar o teu ficheiro local /etc/hostspara que este dominio falso apunte ao enderezo IP axeitado, tal como se indica aquí.

Primeira usuaria

A primeira usuaria créase neste paso. Debes escoller un nome de usuaria (identificador) e un contrasinal razoablemente complexo. (Permítenos subliñar a importancia de que o contrasinal sexa forte!) Esta usuaria será engadida ao grupo de Administración, e terá acceso ao portal de usuaria, á interface web de administración, e poderá conectarse vía SSH ou SFTP. As contas Administradoras recibirán os correos enviados a root@yourdomain.tld e admin@yourdomain.tld: estes correo poden utilizarse para enviar información técnica ou alertas. Podes engadir máis tarde outras usuarias, que tamén poderás engadir ao grupo de Administración.

Esta usuaria substitúe á antiga usuaria admin, que podería aparecer referida nalgunha páxina antiga na documentación. Nese caso, substitúe adminco teu nome de usuaria.

Diagnóstico inicial

Unha vez remata a post-instalación, deberías poder acceder á interface web de administración usando as credenciais da primeira usuaria que creaches.

O sistema de diagnóstico procura ofrecerche un xeito doado para comprobar que varios compoñentes importantes do teu servidor están correctamente configurados - e axudarche a solucionar posibles incidencias. O diagnóstico realízase dúas veces ao día e envía una alerta por correo se detecta incidencias.

tip

Non fuxas!! A primeira vez que se realiza o diagnóstico cabe agardar que aparezan avisos amarelos/vermellos porque normalmente é preciso configurar os rexistros DNS (se non usas .nohost.me/noho.st/ynh.fr domain) e tamén a redireccións de portos no encamiñador da casa.

tip

Se unha alerta non é relevante (por exemplo porque non vas usar unha característica concreta) é perfectamente axeitado marcar a incidencia como 'ignorada' indo á Web de administración > Diagnóstico, e premer no botón ignorar para este asunto en concreto.

warning

Especialmente, en instalacións WSL ou máquinas virtuais é probable que non sexan accesibles desde o exterior se non está configurada a rede en Virtualbox e na túa máquina.

Para realizar o diagnóstico, vai á Web de Administración e á sección Diagnóstico. Preme en Realizar o diagnóstico inicial e deberías ver unha pantalla coma esta:

vista previa do panel de diagnóstico
vista previa do panel de diagnóstico

Obter un Certificado Let's Encrypt

Unha vez están configurados os rexistros DNS e a redirección de portos (se fose preciso), deberías poder instalar o certificado de Let's Encrypt. Isto desbotará o molesto aviso de seguridade que vimos con anterioridade.

Para ter instrucións máis detalladas, ou saber máis sobre certificados SSL/TLS, le a páxina correspondente aquí.

Vai a Dominios > Preme no teu dominio > Certificado

vista previa da obtención do certificado
vista previa da obtención do certificado

🎉 Parabéns!

Agora xa tes bastante ben configurado o servidor. Se nunca usaches YunoHost, recomendámosche botar un ollo a guía da interface web, desde onde poderás instalar as túas aplicacións preferidas. Non esquezas planificar as copias de apoio!