Elixe o modo de auto-hospedarte
Podes facelo na túa casa (nunha pequena computadora), ou nun servidor remoto. Cada opción ten vantaxes e inconvintes:
Na casa, por exemplo nunha placa ARM ou unha computadora antiga
Podes auto hospedar no teu fogar cunha placa ARM ou reutilizando unha computadora normal, conectadas ao rúter/modem.
- Vantaxes: tes control físico sobre a máquina e só precisas mercar o hardware;
- Contras: tes que configurar manualmente o rúter e poderías ter limitacións por parte do teu ISP.
Na casa, detrás dunha VPN
Unha VPN é un túnel cifrado entre dúas máquinas. Na práctica serve para facer "como se" estiveses directamente, localmente, conectada ao teu servidor, pero en realidade desde calquera parte da internet exterior. Isto permíteche seguir auto hospedando na casa e ao mesmo tempo evitar as posibles limitacións do teu ISP (provedor de internet). Mira o proxecto Internet Cube e o FFDN.
- Vantaxes: tes control físico sobre a máquina e a VPN oculta o teu tráfico do teu ISP e permite evitar as súas limitacións;
- Contras: tes que pagar unha subscrición ao provedor da VPN.
Nun servidor remoto (VPS ou servidor dedicado)
Podes alugar un servidor virtual privado o unha máquina dedicada dunha asociación ou un provedor comercial da "Nube".
- Vantaxes: o teu servidor e a súa conexión a internet serán máis rápidos;
- Contras: tes que pagar unha subscrición e non tes control físico sobre o teu servidor.
Resumo
| No fogar (ex. placa ARM ou computadora antiga) | No fogar detrás dunha VPN | Nun servidor remoto (VPS ou dedicado) | |
|---|---|---|---|
| Custo do hardware | Sobre 50€ (ex. Raspberry Pi) | Ningún | |
| Custo mensual | Mínimo (electricidade) | Sobre 5€ (VPN) | Desde ~3€ (VPS) |
| Control físico sobre a máquina | Si | Si | Non |
| Xestión manual do enrutamento | Si | Non | Non |
| Posibles limitacións por ISP | Si (le isto) | Evitadas coa VPN | Normalmente non |
| Conectividade a internet | Depende da conectividade no fogar | Normalmente bastante boa | |