Por que non deberías auto hospedarte?
-
Cres nunha internet libre, aberta e descentralizada. Na internet centralizada as empresas privadas e os governos poden espiar, analizar e influenciar nas persoas establecendo o xeito en que se conectan entre elas, e filtrando os contidos. YunoHost desenvólveo unha comunidade que cre nunha internet aberta e descentralizada, e agardamos que ti tamén!
-
Queres ter control sobre os teus datos e servizos. As túas fotos, mensaxes nas conversas, historial de navegacion, ese texto que escribiches para a escola, non son do interese do servidor de ninguén (a.k.a. A Nube). Son parte da túa vida privada, pero tamén da vida da túa familiza, amizades, etc. Estes datos deberíalos xestionar ti, e non unha empresa calquera de EEUU que quere os teus datos para analizalos e vender os resultados.
-
Queres aprender como funcionan as computadoras e Internet. Xestionar o teu propio servidor é un bo xeito para comprender o funcionamento básico dentro dos sistemas operativos e de Internet. Poderías ter que usar a liña de ordes, a arquitectura da rede, configuración DNS, SSH, e máis elementos.
-
Queres explorar novas posibilidades e personalizar as ferramentas. Soñaches con ter un servidor Minecraft para as túas amizadas, ou un servizo IRC ou XMPP permanentes? Co teu propio servidor podes instalar manualmente e correr virtualmente calquera programa que queiras, e personalizalo.
Por que non deberías auto hospedarte?
-
A auto-hospedaxe require paciencia e traballo. É un pouco como coidar da túa propia horta ou xardín: requiren traballo e paciencia. YunoHost pretende simplificar e facer o traballo complicado por ti, aínda así a auto-hospedaxe require que ti dediques tempo a aprender e configurar varios elementos do teu servidor. Tamén deberás realizar tarefas de mantemento (como as actualizacións) cada certo tempo, ou pedir axuda se algo falla.
-
Con grandes servidores veñen grandes responsabilidades. Xestionar un servidor significa que es responsable dos datos que hospedas. Ninguén poderá recuperalos se os perdes. YunHost proporciona un sistema de copias de apoio que deberías usar con regularidade para copiar as configuracións e datos do teu interese. Deberías tamén estar ao día das novas de seguridade e recomendacións para que o teu servidor ou datos importantes non se vexan comprometidos.
-
A calidade e rendemento probablemente non están á par dos servizos premium. YunoHost (e a maioría das aplicacións empaquetadas nel) son software libre e de código aberto, desenvoltas por comunidades de persoas no seu tempo libre e coa mellor vontade. Non hai garantía absoluta de que o software vaia funcionar en toda circunstancia. O rendemento do teu servido auto-hospedado tamén ten relación coa CPU e RAM, así como da calidade da conexión a internet.