Que é YunoHost?
YunoHost é un sistema operativo que intenta simplificar a administración do sistema e porén democratizar a auto-hospedaxe mantendo ao mesmo tempo a súa fiabilidade, seguridade, ética e lixeireza. É un proxecto con licenza de software libre mantido por persoas voluntarias. Técnicamente pode ser visto como unha distribución para servidores baseada en Debian GNU/Linux.
YunoHost pode instalarse en varios tipos de hardware, tanto no fogar como nun servidor remoto (VPS).

Características
Baseado en Debian, unha base coñecida e de confianza;
Administra o teu servidor cunha interface web amigable e tamén coa xeitosa CLI;
Desprega aplicacións cun par de clicks desde o noso catálogo con máis de 500 apps!;
Xestión de usuarias (usando LDAP);
Xestión de nomes de dominio;
Crea e restablece copias de apoio;
Acceso simultáneo a todas as aplicacións desde o portal da usuaria (NGINX, SSOwat);
Inclúe todos os compoñentes necesarios para correo electrónico (Postfix, Dovecot, OpenDKIM, PostSRSd);
Xestión de Certificados SSL (baseado en Let's Encrypt);
... e a seguridade do sistema (fail2ban, cortalumes connftables).
Orixe
YunoHost creouse en Febreiro de 2012 despois dalgo semellante a isto:
"Merda, malditas as gañas de reconfigurar o correo electrónico... Beudbeud, como fixeches para que funcionase o teu pequeno servidor con LDAP?" Kload, February 2012
Todo o que facía falta era unha interface web para o servidor de Beudbeud para ter algo usable, así que Kload decideu crear unha. Finalmente, despois de automatizar certas configuración e empaquetar algunhas aplicacións web, YunoHost v1 naceu.
Vendo o entusiasmo con que foi acollida YunoHost e a auto-hospedaxe en xeral, as desenvolvedoras orixinais xunto coas novas persoas colaboradoras decidiron comezar a traballar na versión 2, máis ampliable, más robusta e aínda máis fácil de usar, e así converterse nun bo café de comerzo xusto para os elfos da Laponia.
O nome YunoHost vén da expresión en xerga "Y U NO Host". O meme de Internet debería ilustralo:

Que non é YunoHost?
YunoHost non é unha empresa ou unha organización en busca de lucro. Desenvólvese e mantense grazas ás persoas voluntarias. Non vendemos servizos, nin hospedamos nin controlamos os teus datos ou servizos en ningunha forma, e non temos intención nin interese en facer cartos con nada. Tampouco ofrecemos ningún tipo de garantía formal. O noso obxectivo é simplemente desenvolver e manter YunoHost coa esperanza de que contribúa a unha internet descentralizada que empodere ás persoas a reclamar autonomía sobre os servizos dixitais e tecnoloxías. Dito isto, facemos o que podemos para proporcionar axuda á comunidade, e podes obter axuda comercial desde terceiras partes se o precisases.
YunoHost non é un proxecto apolítico. Pola súa natureza, YunoHost promove unha internet e tecnoloxías descentralizadas que empoderen ás persoas. Rexeitamos ese concepto ruín que di que a tecnoloxía é neutra por natureza, ou que os proxectos de software deberían permanecer neutrais. Moitas colaboradoras do proxecto permanecen vixiantes sobre as implicacións políticas e sociais dos desenvolvementos tecnolóxicos, e salientan a importancia da solidaridade e moverse xunto a movementos máis amplos como o feminismo, visibilidade e dereitos LGBTQIA+, xustiza ambiental e social. Mostrámonos firmes en contra do fascismo, sexismo, racismo, xenofobia, intolerancia, capacitismo, imperialismo, extractivismo, euxenesia, e os libertarios de dereitas. Se non te representan estes valores, considera non utilizar YunoHost e buscar unha alternativa diferente.
YunoHost non se deseñou para "escalar", no sentido tradicional. O seu propósito é ter un número relativamente modesto de contas de persoas usuarias e usuarias simultáneas. Aínda que non hai un límite estrito establecido ―xa que o rendemento depende da túa configuración concreta―, estimamos que farían falla algúns axustes técnicos ao acadar entre 250 e 500 contas de usuarias, ou ter unhas 50 usuarias usando simultáneamente as aplicacións que consumen moitos recursos. Dito isto, YunoHost pode comodamente hospedar un sitio web ou varios servizos lixeiros, incluso con miles de visitas diarias.
YunoHost deseñouse principalmente para persoas que queren que as cousas "simplemente funcionen". Por suposto, non é perfecta ―traballamos constantemente para mellorar a experiencia das usuarias, a súa resistencia e simplicidade. Aínda que se pode "chafullar" en YunoHost, o público obxectivo principal non son as usuarias experimentadas que teñen en mente casos complexos e altamente personalizables. Recomendámosche manter a configuración o máis simple posible. Dito isto, animámoste a experimentar e compartir a túa experiencia con nós!
YunoHost non se deseñou para ser unha solución pesada multipropósito para proporcionar servizos para organizacións completamente separadas usando múltiples dominios. Aínda que podes xestionar varios domios e subdominios ―como hospedar aplicacións para as amizades, colegas, unha asociación― deberías ter presente que non hai un illamento estrito entre as aplicacións. Por dentro, todas as aplicacións comparten o mesmo sistema e entorno.
(Nota para usuarias experimentadas) YunoHost non usa teconoloxías "hard containerization" como Docker para as súas apps. En parte débese a razóns históricas, pero tamén para manter a lixeireza do sistema ―en termos de uso de recursos e complexidade técnica. Dito isto, somos serias respecto da seguridade: as aplicacións funcionan baixo contas de usuaria dedicadas con privilexios e capacidades limitadas, e traballamos de xeito contínuo para mellorar a seguridade do sistema.
Deseños
YunoHost en branco e negro, por ToZz. Licenza: CC-BY-SA 4.0. Logos e outros deseños dispoñibles en the Artworks repository.
