Skip to main content

Estrutura dun servidor YunoHost

Nesta páxina tes unha vista xeral da organización dun servidor YunoHost. Aínda que se mostra de xeito aproximado, o propósito é presentar unha imaxe xeral antes de describir polo miúdo os diferentes aspectos.

gráfico cos compoñentes de YunoHost

Todo comeza coa conta especial admin. Esta é a administradora da máquina e que pode instalar, configurar e xestionar os compoñentes do servidor a través da interface web de administración ou usando SSH e a interface de liña de ordes. (Se che resultan familiares os sistemas GNU/Linux, é moi parecido a root. YunoHost ten esta conta 'admin' adicional por razóns técnicas.)

A conta administradora pode crear usuarias e instalar aplicacións, entre outras tarefas de administración. As usuarias teñen automaticamente o seu propio enderezo de correo electrónico ao ser creadas. As usuarias tamén poden acceder ao portal da usuaria (SSO) para acceder ás aplicacións. Algunhas aplicacións adoitan instalarse ben accesibles públicamente ou de xeito privado. Por exemplo, só algunhas usuarias terán acceso a elas dependendo dos grupos dos que formen parte.

As aplicacións e as súas características dependen de que diferentes servizos funcionen correctamente. Os servizos (a veces chamados daemons) son programas que están continuamente en funcionamento no servidor para asegurar que certas tarefas se realizan, tales como responder a peticións desde a internet como navegadores web ou para entregar correos electrónicos.